Nesta "nova normalidade", abrimos o noso comedor para o vindeiro curso 2020-2021. Os protocolos que nos obrigan a cumprir para garantir a seguridade lévanos a introducir algúns cambios no sistema de comidas. O tempo de comida durará ata as 16:00, pero as saídas serán escalonadas (15:30, 15:45 e 16:00). Os grupos de comedor serán fixos, e non haberá interacción entre eles. Ante esta nova situación, vémonos na obriga de reducir considerablemente as prazas ofertadas.Adxuntamos documentación neste enlace.As prazas serán adxudicadas por estricta orde de apuntamento. As listas serán publicadas nesta mesma páxina.
Xolda estará aberto polas tardes no seu horario habitual, ata as 20:00. Será un tempo de xogos e talleres. Os talleres que se ofertarán comezarán no mes de Outubro ata o mes de Maio (inclusive). A info sobre os talleres publicarase máis adiante.Durante a estancia en Xolda será obrigatorio o uso de mascarillas (en tódalas idades).Tamén, seguiremos ofertando o transporte para actividades extraescolares realizadas fora de Xolda.No seguinte enlace están os documentos para reservar a praza.
O taller de Arte impártese os Mércores dende as 16:15 ata as 19:45 de Outubro a Maio. Nel Eloi Mancebo ensínalles diferentes técnicas artísticas: debuxo, diferentes modalidades de pintura, etc. Este ano, só haberá tres grupos reducidos:
Mindfulness, Cociña e Experimentos son os talleres que se celebran nas tardes de Xolda entre Outubro e Maio (de 18:00 a 19:00).As actividades que se realizan neles fanse de forma individual, na que cada neno/a manipula só os materiais que vai a utilizar.