A empresa

Xolda é un Centro de Ocio infantil que abríu as súas portas en novembro de 2006. Traballamos con nenos de 2 a 12 anos e a nosa filosofía baséase no xogo como ferramenta de aprendizaxe e de comunicación entre iguais.

Existen moitas propostas pedagóxicas que o avalan, na práctica diaria pola importancia que ten no desenvolvemento do neno (Piaget 1945, Vygostky 1933…..).

Os seus beneficios inciden sobre o desenvolvemento cognitivo, afectivo, social, comunicativo e psicomotor.

O xogo debe ser utilizado, xa non soamente na Educación formal, senón tamén na Non formal, de xeito conxunto.

Partindo desta base, Xolda é un centro de ocio que oferta un servizo cunha clara intención lúdico social. Educar no tempo de lecer a través de xogos e actividades.

Cuns horarios amplos para unha mellor conciliación laboral e familiar.