Servizos

Canguraxe de tarde

Durante o período escolar temos o servizo de canguro polas tardes, nas que se realizan xogos dirixidos, animación á lectura e xogo libre. O horario de peche habitual é ás 20:00 horas.

Talleres

  • Cociña: elabóranse receitas nas que o traballo dos nenos é o protagonista. Os martes de 17:30 a 19:00 horas.
  • Ciencias e experimentación: traballos relacionados co ensaio e probas con elementos da natureza, pintura, etc. Os xoves de 17:30 á 19:00 horas.
  • Arte: barro, collage, papiroflexia, debuxo, óleo, etc. Os mércores de 16:00 a 20:00. As sesións son de 1 hora ou 1 hora e ½.

Actividades en vacacións e nas pontes

Realízanse actividades variadas, como: manualidades, teatro, cociña, baile, experimentos, xincanas, etc. ao longo dunha mañá repleta de xogos.

De 10:00 h a 14:00 h.

As actividades soen ser de 1 hora de duración e realízanse a partires das 11:30 horas.

Campamentos de verán

Nos meses de xullo e agosto prográmanse semanas temáticas cargadas dunha gran variedade de actividades.

Ademais realízase unha hora de repaso escolar e excursións fóra do centro.

O horario é de 10:00 a 14:00 horas.

Festas de aniversario

Máis alá do simple goce dos xogos do local, as festas de aniversario caracterízanse pola animación e as diferentes actividades que se realizan cos nenos.

De venres a domingo, cunha duración de 3 horas.

Animacións exteriores

Para vodas, comuñóns, bautizos, festas de aniversario, festas en colexios, etc. Animación, xogos populares, inchables, maquillaxe de fantasía… realízanse as animacións personalizadas segundo a demanda do contratante.

Servizo de comedor

Proporcionado polo catering Manduca (sito preto do centro).

Comida caseira elaborada e transportada tódolos días baixo a normativa da Consellería de Sanidade.

*Menús especiais para calquera tipo de patoloxía.

Servizo de transportes

Para facilitar a organización do día a día dos pais contamos cun servizo de transporte totalmente personalizado de recollida e entrega de nen@s aos lugares determinados con anterioridade.