Servizos

Canguraxe de tarde

Durante o período escolar temos o servizo de canguro polas tardes, nas que se realizan xogos dirixidos, animación á lectura e xogo libre. O horario de peche habitual é ás 20:00 horas.

Talleres

  • Cociña: elabóranse receitas nas que o traballo dos nenos é o protagonista. Os martes de 17:30 a 19:00 horas.
  • Ciencias e experimentación: traballos relacionados co ensaio e probas con elementos da natureza, pintura, etc. Os luns de 18:00 a 19:00 horas.
  • Arte: barro, collage, papiroflexia, debuxo, óleo, etc. Os mércores de 16:00 a  18:15. As sesións son de 1 hora.
  • Ioga: Consiste nunha técnica de relaxación, dinámica e divertida na que os nenos/as se relaxan á par que se divirten. Os xoves de 18:00-19:00

Actividades en vacacións e nas pontes

Realízanse actividades variadas, como: manualidades, teatro, cociña, baile, experimentos, xincanas, etc. ao longo dunha mañá repleta de xogos.

De 10:00 h a 14:00 h.

 

Campamentos de verán

Nos meses de xullo e agosto prográmanse semanas temáticas cargadas dunha gran variedade de actividades.

 

O noso horario de vacacións é de 7:00 a 16:00.

Servizo de comedor

Proporcionado polo catering Parrillada A Pedra (Nantón, Cabana de Bergantiños)

Comida caseira elaborada e transportada tódolos días baixo a normativa da Consellería de Sanidade.

*Menús especiais para calquera tipo de patoloxía.

Servizo de transportes

Para facilitar a organización do día a día dos pais contamos cun servizo de transporte totalmente personalizado de recollida e entrega de nen@s aos lugares determinados con anterioridade.

Madrugadores

Dende as 7:00 da mañá estamos abertos no noso local para acoller aqueles nenos e nenas que precisen o servizo de madrugadores (con/sen almorzo e traslado ós respectivos colexios).