Axenda

01-mar-2022
27-set-2022
Os mércores de ARTE

Os mércores de Outubro a Maio en Xolda podedes disfrutar de clases de arte da man de Eloi Mancebo. Nelas aprenderán diferentes técnicas artísticas: debuxo, barro, tinta china, colage...Os grupos  son reducidos.

01-set-2023
Talleres en Xolda

Ioga, Cociña e Experimentación son os talleres que se celebran nas tardes de Xolda entre Outubro e Maio (de 17:30 a 18:30 agás Cociña de 17:30-19:00). A través do traballo en equipo ou de forma individual búscase que vaian aprendendo a relaxarse e a atopar a súa calma interior; se convertan en pequenos cociñeiros sendo autónomos elaborando os seus propios pratos; e que disfruten descubrindo a maxia da ciencia ou elaborando "máquinas" sinxelas.  

05-abr-2024
Curso 2024-2025

Abrimos inscripcións para o curso 2024-2025 para todos os servizos: comedor, madrugadores e canguraxe polas tardes. No mes de outubro comezan os talleres que se imparten durante o periodo escolar. Débense enviar cubertas a folla de inscripción e as normas a info@xolda.es ou entregalas no centro.

18-nov-2024
Campamento de Nadal

Dende o 23 de Decembro ata o 7 de Xaneiro, celebramos o Campamento de Nadal para aqueles nenos e nenas que o precisen ou que queiran pasar unha mañá divertida con nós.O horario do campamento é de 10:00 a 14:00, pero para aqueles máis madrugadores estaremos abertos dende as 7:00 co sevicio "Madrugadores".No tempo de campamento combinaremos tempo de xogo en grupo con xogo libre, e cada día traballaremos unha temática: cociña, manualidades, etc. E, por suposto, non faltarán as FESTAAAAAS!!